MASTER EN DIRECCION DE ACTIVIDADES EDUCATIVAS EN LA NATURALEZA

by 16:46 2 comentarios

La Universidad de Santiago de Compostela ha programado, por segundo año consecutivo, su  Máster en dirección de actividades educativas en la naturaleza, uno de los pocos que existen actualmente en Europa.


Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza
Curso 2013-2014


Características dos estudantes aos que vai dirixido o curso: É un máster oficial especialmente deseñado para graduados ou diplomados nos distintos títulos de educación (Mestre, Educación Social, Pedagoxía, Psicopedagoxía), e tamén moi adecuado para licenciados/graduados en Bioloxía, Xeoloxía. Xeografía ou Ciencias da Actividade Física e Deporte, así como para outros títulos relacionados cos contornos naturais como as titulacións agroforestais. A pesar de que ningún título está excluído, para iniciar estes estudos, como perfil de ingreso, é recomendable ter algunha experiencia en asociacionismo xuvenil, campismo, coñecemento da natureza, deportes de montaña, excursionismo, capacidade narrativa e de descrición de paisaxes,nocións de seguridade en actividades ao aire libre, habilidades para o traballo cooperativo, optimismo, boa forma física e coñecemento de idiomas. Como tal máster oficial o título é válido en todos os países da Unión Europea.

Características do curso: É un máster oficial que reúne as temáticas de educación ao aire libre, educación ambiental, literatura e arte en relación coa natureza, deseño e organización de itinerarios e excursións, arquitectura rural e paisaxe, deporte, exercitando aos estudantes no desenvolvemento de capacidades para xestión, organización e dirección de grupos e institucións en relación co medio natural.

Programa 
Módulo 1 Valores educativos da natureza e da paisaxe 1. A natureza como medio educador/ 2 Etica e natureza/ 3. Historia ambiental
Módulo 2 Natureza e arte: 1. Música e natureza/ 2. As artes plásticas e a natureza
Módulo 3 Os elementos do medio natural: 1. Materia, ecosistema, diversidade/ 2. Coñecemento xeográfico do medio natural/ 3. Natureza, paisaxe e arquitectura rural. 
Módulo 4 Dirección de grupos e xestión de recursos: 1. Dirección de grupos e resolución de conflictos/ 2. Equipamientos e organización de actividades/ 3. Lexislación e xestión económica
Módulo 5 Actividades educativas na natureza: 1. Bases e recursos para o desenvolvemento da educación ambiental/ 2. Deseño e organización de actividades motrices ao aire libre/ 3. O excursionismo e a vida o aire libre; fundamentos e modelos/ 4. Recursos para actividades motrices para personas con diversidade funcional e para actividades de ciencias da vida e da terra.
Módulo 6 Prácticum e trabalho fin de máster


Matrícula provisoria: 9 de xullo ao 4 de setembro.
Adxudicación de prazas: 6 de setembro.
Matrícula: ata o 11 de setembro.
Prazas vacantes (lista de agarda): 12-16 de setembro.
Resto de solicitudes: 30 de setembro.
Comezo do curso: 26 de setembro de 2013.
Remate da fase teórica: 28 de marzo de 2014.
Prácticum: 31 de marzo ao 27 de maio de 2014.
Presentación de proxectos: 25 de xuño de 2014.


Contacto:
Coordinador do curso: Eugenio Otero Urtaza.
Facultade de Formación do Profesorado
Av Ramón Ferreiro s/n
27002 Lugo.
Tf: 982 821005


As clases se desenvolverán na Facultade de Formación de Profesorado de Lugo, en horario de tarde entre as 16,30 e as 21,00 horas de luns a venres, con días de descanso.
Puntualmente algunhas das actividades prácticas poderán desenvolverse noutros horarios e lugares. O máster terá sesións de traballo no Courel, nas reservas da biosfera da provincia de Lugo, e na costa cantábrica galega, entre outros lugares de especial interese.

Número de prazas: 25.
Carga crediticia do curso: 60 créditos

Características dos postos de traballo que se poden ocupar con este máster: formación superior para profesores de educación infantil, primaria e secundaria no ámbito da natureza; educadores e técnicos de asociacións de tempo libre en contornas naturais; xestores de clubs de deporte na natureza; técnicos de educación e protección ambiental en concellos e administracións educativas; directores de aulas da natureza; directores de granxas-escola; directores de instalacións educativas en espazos protexidos; deseño de guías da natureza e itinerarios; documentación de rutas; persoas que realicen actividades educativas con maiores ou discapacitados en contornas naturais. Estudo e documentación de espazos naturais na súa dimensión educadora, con especial atención aos aspectos artísticos e literarios e de xogo ao aire libre.

Máis información do máster: 
Selección e matrícula: A admisión ao máster é con límite de prazas e criterios xerais de selección. Os alumnos poden atopar información sobre o proceso de inscrición, incluíndo o formulario de matrícula no seguinte enderezo:
Prezo de matrícula. O prezo da matrícula o fixa a Xunta de Galicia: é o correspondente a calquera máster oficial. A matrícula pode pagarse en dous prazos. Se reservan tres prazas para estudantes estranxeiros. Despois da publicación dos admitidos, abrirase un prazo ata o 30 de setembro, para que os solicitantes que non obtiveron praza se poidan matricular se houbera vacantes.
Para saber máis. Oficina de Información Universitaria: Santiago: tf 881 81 10 00, oiusec@usc.es
Lugo: tf 982 82 00 00, oiulugo@usc.es
O máster ten carácter académico profesional pero facilita o acceso a programas de investigación nas áreas específicas de educación na USC. Cabe tamén salientar que este título ten a súa propia dinámica investigadora e que os estudantes poden integrarse en equipos xa constituídos para a realización de teses.
Este master participa no Programa Intensivo Erasmus “Runoff Erosion” con outras seis universidades de Europa http://runofferosion.geol.uoa.gr/


Heike Freire

Pedagoga

"Quien se aleja de la naturaleza, se aleja también de sí mismo. Jamás podrá beber el agua fresquísima que mana de su fuente más íntima". Friedrich Nietzsche.

2 comentarios:

  1. Esos somos nosotros! Una experiencia fantástica este máster! Gracias por tu visita a nuestra facultad Heike Freire ;)

    ResponderEliminar
  2. Gracias a vosotras por vuestro interés y el entusiasmo que ponéis en todas las actividades. Ha sido un placer conocer a alumnos y profes de este máster único en nuestro país, compartir ideas y experiencias y avanzar juntos un poco más en este fascinante mundo de la educación verde.
    Nos veremos por Bilbao en el mes de octubre?
    Muchas suerte con todos los proyectos
    Un fuerte abrazo
    Heike

    ResponderEliminar